Friday 10 de May de 2024

Sánchez Bugallo insta ao Partido Popular a definir “con claridade” cales son os seus compromisos en materia de pensións


§ O cabeza de lista ao Senado pola provincia de A Coruña mantivo reunións con diferentes colectivos de pensionistas

§ Bugallo subliña que o único compromiso dos conservadores nesta materia é “baixar a contribución dos empresarios para o pago das pensións”: “a experiencia nos di que esa rebaixa será pagada a expensas dos propios pensionistas”.

“Non podemos permitir que un tema desta transcendencia pase desapercibido” defende Xosé Sánchez Bugallo que lle pide ao Partido Popular concreción na súa folla de ruta para as pensións: “en toda a información feita polo PP, unicamente se compromete a baixar a contribución dos empresarios para o pago das pensións”.

O cabeza de lista ao Senado pola provincia de A Coruña denuncia que a experiencia neste sentido “do 2011 e 2013 é que cando se produciron rebaixas na contribución ao sistema de pensións, foron pagadas a expensas dos propios pensionistas”, primeiro “facendo desaparecer o fondo de reserva das pensións” e, en segundo lugar “conxelando as pensións”.

“Alguén se imaxina o que sería manter ese sistema de cálculo con revalorizacións do 0,24% anual?”

Sánchez Bugallo denuncia a perda de poder adquisitivo que suporía a conxelación das pensións: “Alguén se imaxina o que sería manter ese sistema de cálculo con revalorizacións do 0,25% anual este ano pasado cunha inflación dun 8%?”. O candidato ao senado explica que a diferencia sería de que “en lugar dunha subida de promedio de pouco máis de 100 euros ao mes, subiría 2,66 ao mes”.

Recorda ademais que na reforma das pensións impulsada polo goberno de Pedro Sánchez “o PP e VOX uníronse para votar en contra”. Unha reforma que implicou “unha subida notable especialmente das pensións máis baixas e de viuvez”, que en datos acumulados sería do 24% ao longo destes catro anos.